Liberada unha persoa na Coruña despois de envorcar o seu coche

A vítima foi trasladada a un centro hospitalario unha vez que se finalizaron os labores de excarceración

Unha persoa foi excarcerada na Coruña despois de sufrir un accidente de tráfico, xa que o vehículo no que circulaba pola rúa do Orzán envorcou. O 112 recibiu a alerta ás 17.20 horas deste domingo.

De inmediato, desde o Centro de Atención ás Emerxencias, estableceuse comunicación con Urxencias Médicas. Tamén se alertou aos Bombeiros da Coruña, a Protección Civil e á Policía Local.

Os Bombeiros, axudados dun equipo de excarceración, liberaron á persoa ferida do interior do vehículo. A vítima foi trasladada nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Comentarios