Liberan un neno que quedou atrapado nunha varanda en Arteixo

Os feitos rexistráronse nos vestiarios dun colexio situado en Oseiro

Os Bombeiros liberaron a un neno en Arteixo ao que quedou atrapada unha perna nunha varanda. Os feitos rexistráronse nos vestiarios dun colexio situado en Oseiro.

O 112 Galicia recibiu o aviso dos Bombeiros da localidade ás 20:30 horas da pasada tarde. O mozo foi liberado coa axuda dun equipo de excarceración. No operativo participou a Policía Local.

Segundo se lle indicou ao 112, o menor atópase en perfectas condicións. Con todo, Urxencias Médicas, tras recibir a alerta do 112, decidiu mobilizar unha ambulancia para avaliar o seu estado. 

Comentarios