Localizan un vehículo accidentado perdido na néboa en Sandiás

As dúas ocupantes do vehículo achado no municipio ourensán atópanse en bo estado de saúde

Dúas mozas recibiron asistencia médica logo de sufrir un accidente de tráfico en Sandiás, Ourense, informou o 112. Segundo indicaron, o coche estaba perdido no medio da néboa e os servizos de urxencias tardaron en dar con elas. 

O suceso produciuse uns minutos antes das oito da mañá deste xoves nunha vía secundaria que vai cara a Igrexa de Piñeira de Arcos. 

As mozas estaban liberadas e accesibles pero, presas dos nervios polo impacto, esperaron no interior do coche ata que chegou a axuda. 

Tras recibir a alerta dun familiar, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Xinzo, axentes da Garda Civil de Tráfico e aos profesionais de Urxencias Médicas.

Comentarios