Os bombeiros rescatan a un mozo atrapado nunhas pedras en Corcubión

O mozo, de 18 anos, precipitouse nunha zona marítima de difícil acceso

Os bombeiros rescataron a un mozo de 18 anos que quedou atrapado nunhas pedras situadas nas inmediacións do paseo marítimo da localidade coruñesa de Corcubión.

Segundo informaron desde o propio servizo de bombeiros de Corcubión, o accidente produciuse no mediodía deste domingo, cando o mozo se precipitou nunha zona marítima de difícil acceso.

No rescate, no que os bombeiros contaron coa colaboración de Urxencias Sanitarias 061, a vítima foi subida en padiola ata a ambulancia, que o trasladou a un centro hospitalario. Ata o lugar tamén se desprazaron membros de Protección Civil e axentes da Garda Civil.

Comentarios