Estiman que o bólido que cruzou o ceo galego "caeu no mar Cantábrico"

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago confirma que a pedra cósmica foi avistada en varios puntos das provincias da Coruña e Lugo

Recreación virtual de un bólido diurno. ARCHIVO
photo_camera Recreación virtual dun bólido diúrno. ARQUIVO

Un bólido —ou pedra cósmica— foi avistado na tarde deste martes sobre o ceo do norte de Galicia, así como doutros puntos de Asturias, León e Cantabria. Varios usuarios nas redes sociais confirmaron que o "meteorito" percibiuse como un ronsel incandescente a través dos ceos nocturnos nas provincias de Lugo e A Coruña. O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC), José Ángel Docobo, precisou que "o máis probable" é que sexa "unha pedra cósmica que entrou na atmosfera". "Se caeu algo, terá caído no mar Cantábrico", estimou. 

O director do observatorio astronómico da USC aclarou que "este tipo de fenómenos non é raro", pero, matizou, "obviamente, non ocorre todos os días".  Con todo, indicou que o avistamento se produciu sobre as 20.45 horas deste martes e foron "moitas testemuñas" os que o viron en zonas do norte de España, entre eles en puntos do norte de Galicia. 

Esta sería a segunda vez que ocorre un fenómeno destas características na zona, dado que o pasado 23 de decembro, varias persoas aseguraron apreciar un acontecemento similar nesta parte da Península.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Avistafo en la provincia de #Lugo un #bólido que cruzó #Galicia #meteorito #ElprogresoIG

Una publicación compartida de El Progreso de Lugo (@elprogresodelugo) el

REACCIÓN NAS REDES. Varios usuarios de Twitter mostráronse incrédulos, dada a aparente ausencia de documentos gráficos que atestigüen a existencia desta pedra cósmica. No entanto, non faltaron quen compartiron fotos e imaxes antigas sinalando que son relativas ao bólido deste martes. Moitas destas imaxes son as captadas dun obxecto celeste similar que cegaba co seu trazo a noite venezolana hai un par de días.

 

Comentarios