Morre un motorista en Vigo nunha colisión contra un turismo

O choque tivo lugar na rúa Pi e Margall á primeira hora da mañá deste mércores

Un motorista faleceu este mércores ao chocar contra un turismo en Vigo, informa o 112.

O suceso produciuse ás 8.30 horas na rúa Pi e Margall, no cruzamento coa rúa Chile, do que alertaron varios veciños.

O 061-Urxencias Sanitarias acudiu a asistir ao motorista, que estaba tendido na vía tras chocar contra un turismo, pero non puido facer nada por salvar a súa vida.