Morre unha septuaxenaria atropelada por un turismo cando cruzaba na Coruña

A vítima saltou á estrada por un lugar non habilitado para peóns

Unha muller de 73 anos de idade faleceu ao ser atropelada na mañá deste martes cando cruzaba por un lugar non habilitado para iso na cidade da Coruña.

Segundo os datos facilitados pola Policía Local da Coruña a Europa Press, o sinistro mortal tivo lugar sobre as 11.00 horas no ramal de acceso de Alfonso Molina sentido saída a San Cristóbal, un lugar onde non hai paso de peóns.

Ao lugar, indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou dúas ambulancias asistenciais e un médico de Atención Primaria, pero o persoal mobilizado unicamente puido confirmar o falecemento no lugar da muller A.M.S., de 73 anos de idade.

A Policía Local puntualizou que debido a este atropelo mortal o tráfico estivo cortado no punto á espera do levantamento do cadáver.