Morren dous porcos calcinados nun incendio en San Cristovo de Cea

O lume arrasou por completo a granxa e a casa contigua librouse das lapas

Un incendio declarado no interior dunha cuadra acabou coa vida de dous porcos. O suceso ocorreu pouco antes da unha desta madrugada deste venres no lugar de Faramontaos, no concello ourensán de San Cristovo de Cea. 

A cuadra estaba pegada a unha casa, que, segundo indicaron membros do servizo de Protección Civil do Carballiño, salvouse das lapas e apenas sufriu danos. Así, ningún veciño resultou afectado. Pola contra, a cuadra ardeu por completo e morreron os animais que gardaban dentro. 

Unha persoa particular alertou ao persoal do 112 Galicia, que, deseguido, informou as autoridades locais, aos axentes da Garda Civil e aos membros do servizo de Protección Civil do Carballiño.

Comentarios