Un motorista perde a vida tras unha saída de vía en Crecente

O accidente rexistrouse na mañá deste sábado e a vítima era veciña de Avilés 

Guardia civil. DP
photo_camera Guardia civil. DP

Un home perdía a vida este sábado tras saírse da vía coa súa moto en Crecente. Trátase de A.P.R., de 39 anos e veciño de Avilés.

O sinistro rexistrouse preto das 12.30 horas desta mañá na PO-400 á altura do quilómetro 62,200.

Axentes da Garda Civil de Tráfico desprazáronse ata o lugar dos feitos xunto aos servizos de urxencia que xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.