Os bombeiros sufocan un incendio nun vertedoiro das Somozas

Ardeu unha franxa de 20 metros de residuos acumulados ► Non se produciron danos persoais

Os Bombeiros do Eume extinguiron un incendio declarado nun vertedoiro das Somozas (A Coruña), no que ardeu unha franxa de 20 metros de residuos acumulados sen que se producisen danos persoais.  

O suceso ocorreu na mañá deste domingo e, segundo informou o CAE 112 Galicia, o propio persoal da empresa que xestiona o vertedoiro axudou aos bombeiros nas tarefas de extinción.  

As chamas quedaron sufocadas logo do traballo realizado polo equipo de extinción, que removeron as terras con pas ata reducir o lume por falta de osíxeno. Tras isto, os Bombeiros do Eume regaron a zona para evitar que se reproducise.

Comentarios