Perde unha perna cando cortaba madeira cunha motoserra en Sada

Outro home tivo que ser evacuado en helicóptero tras caer dun tellado en Boiro

Un traballador perdeu este mércores unha perna cando cortaba madeira cunha motoserra nun monte do municipio coruñés de Sada. O suceso de produciu ás 12.30 horas no lugar de Fontán, desde onde foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A vítima estaba acompañado por un cliente cando se produciu o accidente.

Apenas un cuarto de hora máis tarde, outro home tivo que ser trasladado en helicóptero tras caer dun tellado no concello de Boiro, pertencente tamén á provincia da Coruña. Precipitouse ao chan desde unha altura de catro metros cando colaboraba cuns familiares na reparación.

Doutra banda, dúas persoas resultaron feridas nunha colisión tripla na Pobra do Caramiñal que se produciu minutos antes das 14.30 horas na AC-305, a estrada que une A Pobra con Boiro, á altura do lugar da Angustia, na parroquia de Posmarcos.

Comentarios