Ascenden a seis as persoas feridas nunha colisión múltiple en Narón

O choque produciuse entre dous vehículos na estrada que une a localidade con Cedeira

Un total de seis persoas resultaron feridas na mañá deste sábado nun accidente rexistrado no municipio coruñés de Narón, no que chocaron dous vehículos. Nun principio, informouse de cinco persoas feridas e tres coches implicados.

Segundo a información do CAE-112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 12.00 horas no quilómetro 3 da estrada AC-566, que une Narón e Cedeira, á altura da parroquia de Castro.  

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Narón, que tiveron que liberar a tres das vítimas, que quedaran atrapadas o os vehículos.  

Así mesmo, foron mobilizados equipos do Servizo de Urxencias Municipal e da Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061.

Comentarios