A Garda Civil requisa 9.000 artefactos pirotécnicos en Sada

Unha operación da Garda Civil desmantelou un posto de venda ambulante con material irregular que operaba na localidade coruñesa

A Garda Civil requisou 9.000 artefactos pirotécnicos nun posto de venda ambulante na localidade coruñesa de Sada.

Axentes da Patrulla de Fiscal e Fronteiras (PAFIF) da Coruña actuaron durante as festas patronais da localidade nun posto cuxo propietario carecía da autorización necesaria para a comercialización de explosivos.

Este operativo, encadrado nos labores que os axentes teñen encomendadas na loita contra a fraude fiscal, levou a cabo o pasado día 19 de agosto.

Os gardas identificaron ao propietario do posto ambulante tras observar como os artefactos pirotécnicos estaban dispostos para a súa venda ao público.

Os axentes efectuaron a correspondente denuncia sobre este feito ante a Subdelegación do Goberno, informa a Garda Civil a través dun comunicado.

A mercancía incautada, 9.000 artefactos pirotécnicos das categorías un e dúas, atópase almacenada nun depósito comercial a disposición da autoridade competente.

Comentarios