Rescatada a condutora dun turismo que caeu por un terraplén en Ourense

O coche saíuse da vía nas curvas do Vilar, preto da capital provincial

Un coche saíuse da vía e caeu por un terraplén duns catro metros de profundidade nas curvas do Vilar, en Ourense, informou o 112.

A condutora tivo que ser rescatada polos bombeiros da cidade e evacuada en ambulancia ao complexo hospitalario.

O accidente produciuse uns minutos antes das seis deste venres. Unha persoa pediu axuda ao persoal do CAE 112 Galicia que, á parte dos bombeiros, avisou aos profesionais de Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil.

Comentarios