Rescatado en Ourense tras quedar atrapado no oco dunhas escaleiras

O home tivo que ser trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario

Os Bombeiros de Ourense encargáronse na noite deste sábado de rescatar a un home que se quedou atrapado nas escaleiras da súa casa, en Ourense. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima sufriu unha caída e quedou atascado no oco das escaleiras exteriores da vivenda.

Os feitos tiveron lugar na cabeza de Vaca, na Rúa do Castelo.

Foi unha veciña da zona a que se puxo en contacto co 112 Galicia ás 23:10 horas do sábado. Acto seguido, desde a central de urxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Ourense, a Urxencias Médicas e á Policía Local.

Logo de ser rescatado polos Bombeiros, o home foi trasladado nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Comentarios