Rescatado en Ribeira un mergullador en apertos que era arrastrado pola corrente nunha ensenada

O equipo de Salvamento Marítimo recuperou ao home e a un membro do servizo municipal de urxencias que se lanzou á auga para socorrelo

Un equipo de Salvamento Marítimo rescatou en Ribeira a un mergullador que tiña dificultades ao ser arrastrado pola corrente.

Os feitos tiveron lugar este venres, cando un o home se atopaba nunha ensenada, na zona sur do Faro de Corrubedo, informou a Axencia das Emerxencias de Galicia.

Un membro do servizo municipal de urxencias lanzouse á auga para tratar de socorrer, pero, finalmente, ambos foron recollidos pola embarcación de salvamento, a Salvamar Sargadelos, e levados ao porto.

O mergullador presentaba síntomas de mareo, pero rexeitou asistencia médica, mentres que o efectivo de urxencias que se botou á auga para rescatalo, estaba en perfecto estado de saúde, indica a mesma fonte.

Foi un familiar do mergullador, desde terra, quen chamou ao 112 para pedir axuda ao decatarse de que o home trataba de alcanzar a superficie mentres era arrastrado pola corrente.

Comentarios