A tripulación do helicóptero Pesca-I rescatou este domingo un montañeiro que se lesionou gravemente nun ombreiro tras caer polo Barranco de Fecha, en Lobios.
O ferido formaba parte dun grupo de deportistas que estaban a practicar barranquismo pola contorna da parroquia de Rio Caldo, preto da fronteira con Portugal.
Cando o montañeiro sufriu a caída, ao fío das 19.30 horas, os compañeiros chamaron de inmediato ao 112 Galicia para pedir axuda.
Co ferido permaneceron dous integrantes do equipo ata a chegada dos servizos de urxencias. O resto do grupo puido descender polos seus propios medios.
Unha vez rescatado polo Pesca-I, foi evacuado ata o Balneario de Lobios, onde agardaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que o levou ao Chou.
Segundo explicaron os compañeiros, o montañeiro podería ter unha luxación ou incluso a ruptura total do ombreiro.
Tras recibir a alerta, o CAE 112 Galicia puxo en marcha un operativo de rescate no que, ademais das tripulacións do Servizo de Gardacostas de Galicia e do helicóptero medicalizado, interviñeron os membros do GES de Lobios e os axentes da Garda Civil, que mantiveron contacto visual cos montañeiros en todo momento.
Rescatado un montañeiro en Lobios tras caer polo Barranco de Fecha
27 julio 2015 12:00 h.
O ferido —que se lesionou gravemente nun ombreiro— formaba parte dun grupo de deportistas que practicaba barranquismo na contorna da parroquia de Rio Caldo