Rouban 500 metros de cable en Culleredo e deixan sen luz unha estrada

Durante as últimas semanas producíronse numerosos altercados deste tipo na área metropolitana

Un roubo de 500 metros de cable no Concello de Culleredo, na Coruña, deixou sen iluminación a unha estrada que une Peiro de Arriba e Celas.

Segundo informou o primeiro tenente de alcalde do Concello de Culleredo, José Ramón Rioboo, este venres deuse orde de tramitar a reposición do cable para volver pór en marcha a iluminación e encargáronse xa os traballos.

Este roubo únese a outros que tiveron lugar nas últimas semanas na área metropolitana tamén de cable eléctrico. Así, o Concello fai un chamamento aos veciños para que informen á Garda Civil e á Policía Local no momento que observen condutas sospeitosas.

Comentarios