Seis persoas levadas a centros médicos tras un sinistro entre tres coches

O accidente produciuse na madrugada do sábado no concello do Pino

A central de coordinación do 061 recibiu unha alerta por un accidente de tráfico con tres vehículos implicados no municipio coruñés do Pino que se saldou con seis feridos trasladados a centros médicos, informou Urxencias Sanitarias.

Ao lugar do accidente foron catro ambulancias asistenciais, outra medicalizada do 061 e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Santiago e tamén do de Arzúa.

JFB, home de 37 anos; MLB, muller de 33, e tres menores de idade foron levados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Outro home, JLM de 59 anos, foi conducido á clínica compostelá A Rosaleda.

Comentarios