Sufocan un incendio nunha vivenda de Cee

O lume orixinouse nunha tixola e ningunha persoa resultou ferida

Un incendio causado por unha tixola ao lume foi sufocado sen causar danos persoais na noite do xoves nunha vivenda na localidade coruñesa de Cee na que se atopaba unha muller cos seus tres fillos.

Segundo informaron os Bombeiros de Cee, ás 20,25 horas recibiron o aviso por un lume nunha vivenda situada no primeiro piso do número 1 da rúa San Roque.

Os bombeiros relataron que o 112 indicoulles que un particular avisou de que tiña unha tixola ao lume e que lle prendeu lume e saltoulle á campá extractora.

Desprazados ao lugar, ao chegar bombeiros comprobaron que no punto estaban efectivos da Policía Local de Cee, que confirmaron que o lume fora extinguido.

Por iso, os bombeiros procederon a realizar tarefas de ventilación, limpeza e comprobación de puntos quentes na cociña. As mesmas fontes resaltaron que "só houbo que lamentar danos materiais".

Comentarios