Trasladada en helicóptero unha persoa que se atopaba mareada

Os feitos tiveron lugar nas proximidades da igrexa do Pindo ► Outra muller tamén recibiu asistencia por un golpe de calor

Unha persoa tivo que ser evacuada no helicóptero medicalizado con base en Santiago logo de sentirse mareada cando camiñaba en Carnota. Os feitos tiveron lugar nas proximidades da igrexa do Pindo.

O 112 Galicia recibía a alerta dun particular pasados uns minutos das 14.50 horas. Indicaba que unha persoa se atopaba mal. Engadía que eran catro persoas en total as que estaban a camiñar.

Nese momento o persoal do CAE 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e GES de Muros. Así mesmo, o 112 Galicia puña a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas e Salvamento Marítimo.

Ademais da persoa que foi trasladada, unha muller do grupo tamén tivo que recibir asistencia sanitaria ao sufrir un golpe de calor.

Comentarios