Trasladado un traballador que recibiu un forte golpe na cabeza na Pobra

O accidente produciuse mentres traballaba nunha nave industrial do polígono da Tomada

Os servizos de urxencias médicas trasladaron a un traballador que recibiu un forte golpe na cabeza no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, informa a Axencia Galega de Urxencias.

Ás 11.00 horas un particular pediu axuda e trasladouse a un operario por mor dunha ferida aberta na cabeza que se produciu nunha nave industrial do polígono da Tomada.

No operativo do traslado a un centro sanitario colaboraron urxencias médicas e axentes da Garda Civil.

Comentarios