Trasladan ao hospital de Ferrol a un home de 74 anos tras unha fuga de gas

Cando chegaron os servizos de urxencia, a vítima atopábase mareada no seu domicilio

Un home de 74 anos foi trasladado ao Arquitecto Marcide tras unha fuga de gas no seu domicilio de Ferrol. Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia ás 13.45 horas.

Enseguida, os servizos sanitarios de Urxencias Médicas desprazáronse ata o lugar, na rúa Pérez Paralle. Ao chegar, atoparon ao home mareado. Acto seguido, levaron a cabo medicións de monóxido de carbono, que deron positivas.

Enseguida, o 112 pasou o aviso aos Bombeiros de Ferrol, á Policía Local e a Protección Civil da localidade. Cando os Bombeiros se achegaron ata o domicilio, ventilaron, fixeron medicións e xa daban negativas.

Comentarios