Trasladan ao hospital a unha moza rescatada da piscina municipal de Boiro

A rapaza, que foi sacada da auga inconsciente, foi atendida nun primeiro momento polos socorristas das instalacións

Unha moza duns 16 anos foi evacuada a un centro hospitalario tras ser rescatada na tarde do luns na piscina municipal de Boiro. Os feitos tiveron lugar nas instalacións situadas na Avenida da Constitución.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, ao redor das 18.30 horas o persoal da piscina informou de que a vítima acababa de ser sacada da auga inconsciente. Nun primeiro momento a moza foi atendida polos socorristas das instalacións. O 061 trasladou ao lugar un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da zona e unha ambulancia asistencial.

A adolescente foi trasladada na ambulancia do 061 ao Hospital do Barbanza.

Comentarios