Trasladan ao hospital a unha muller embarazada tras un choque en Oleiros

O accidente produciuse entre dous vehículos na AC-174

Unha muller embarazada foi trasladada ao Hospital Materno da Coruña despois dun choque entre dous vehículos en Oleiros. Os feitos tiveron lugar na AC-174, concretamente no punto quilométrico 3.

Unha persoa particular alertaba do accidente ao 112 Galicia ás 16.10 horas. Segundo indicou no seu relato, había restos dos coches na vía.

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, á Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Arteixo. O 112 Galicia informou, tamén, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Comentarios