Trasladan a unha persoa por inhalar fume ao incendiarse a súa casa

O suceso produciuse na parroquia de Serantes ► O lume calcina unha vivenda en Ribeira e non deixa ningún ferido

Unha persoa foi trasladada este mércores ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol por inhalación de fume tras incendiarse a súa vivenda, situada na parroquia ferrolá de Serantes.

O 112 comunicou que ardeu a campá extractora da casa, propagándose o fume pola cociña. Os feitos aconteceron no lugar de Serantellos e foi un particular o que alertou dos mesmos ao redor das 13.40 horas. O servizo público de urxencias mobilizou ao 061 e aos bombeiros de Ferrol. Ademais, avisou á Policía Local e a Protección Civil. Así, o lume foi sufocado minutos despois.

RIBEIRA. Doutra banda, noutro incendio rexistrado nunha vivenda de Ribeira ningunha persoa resultou ferida. Segundo informou o 112 como consecuencia do lume, a casa, na que habitualmente dormen indixentes, ardeu por completo. Os feitos tiveron lugar na rúa Canarias.

O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio por parte da Policía Nacional ás 07.25 horas deste mércores. Enseguida, o Centro de Atención ás Urxencias 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Ribeira e aos Bombeiros de Boiro, ao Grupo de Axuda e Urxencias Municipal e á Policía Local. A situación foi posta, tamén, en coñecemento de Urxencias Médicas.

Comentarios