Tres feridos tras unha saída de vía en Coristanco

O accidente produciuse na parroquia de Oca do concello coruñés

Tres persoas resultaron feridas na noite deste martes despois dunha saída de vía do vehículo no que viaxaban na parroquia de Oca, en Coristanco.

Un particular alertou ao 112 do accidente. No operativo participaron os servizos de Urxencias, os axentes de Tráfico, os efectivos do Ges de Ponteceso e Protección Civil de Coristanco.

Comentarios