Tres persoas evacuadas, unha delas en helicóptero, ao envorcar un camión en Ourense

O vehículo transportaba herba e envorcou cando circulaban por unha recta da OU-1109

Un accidente de tráfico ocorrido este venres en Baltar, en Ourense, deixou tres persoas feridas, informou a central que se ocupa de coordinar e atender as urxencias que se producen en Galicia.

O seu camión, no que transportaban herba, envorcou cando circulaban por unha recta da OU-1109, en dirección Portugal.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as tres vítimas resultaron feridas de gravidade. Unha delas foi evacuada en helicóptero, mentres que as outras dúas foron trasladadas a un hospital en ambulancia.

Foi unha persoa particular a que chamou ao 112 Galicia ás 15.15 horas desta tarde para dar a voz de alarma.

Desde o Centro de Atención ás Urxencias do 112 informouse o sinistro a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Xinzo. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios