Tres persoas feridas pola explosión dunha bomba de palenque na vila de Zas

Os afectados foron trasladados a un centro hospitalario

Tres persoas resultaron feridas á primeira hora da tarde deste sábado logo de producirse a explosión dunha bomba de palenque en Zas.

A bomba impactou nas vítimas, que ían nunha procesión en Rial de Arriba, informou Urxencias de Galicia. Os feitos producíronse ao redor das dúas da tarde deste sábado.

As persoas que resultaron feridas pola explosión foron trasladadas polos servizos sanitarios a un centro hospitalario.

Comentarios