Un afectado por inhalación de fume tras un incendio en Bergondo

Aínda que a vítima presentaba dificultades respiratorias, non foi necesaria a súa evacuación a un centro médico

Un incendio nunha vivenda no municipio coruñés de Bergondo deixou unha persoa afectada tras inhalar o fume, informa o Cae 112 a través dun comunicado.


Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este venres, pasadas as 14 horas, a unha persoa que inhalou fume dun incendio declarado no interior dun domicilio no lugar de Campos.

O incendio, orixinado nunha estufa de leña que estaba acendida, provocou danos no falso teito dunha habitación e parte da cheminea.

Efectivos de Protección Civil indicaron que unha persoa presentaba dificultades respiratorias e non foi necesaria a súa evacuación a un centro hospitalario.

Comentarios