Un bañista en apuros foi evacuado en helicóptero en Porto do Son

Tivo que ser trasladado ao Hospital do Barbanza posto que tragara demasiada auga

O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela evacuou este venres pola tarde a unha persoa que estaba a piques de afogar na praia de Furnas, en Porto do Son. O bañista foi trasladado ao Hospital do Barbanza, dado que tragara moita auga, segundo afirmou unha das testemuñas do suceso.

O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun particular ao fío das 13:15 horas deste venres e, de seguido, informou a Salvamento Marítimo, que descartou mobilizar unha embarcación unha vez comprobado que o bañista fora rescatado por uns particulares e que estaba, a salvo, na area.

Ademais, dende o CAE 112 avisouse a Urxencias Médicas, Servizo de Gardacostas de Galicia, Protección Civil de Porto do Son e Garda Civil.

Comentarios