Un camión atropela a un operario mentres daba marcha atrás en Betanzos

O accidente produciuse nunha zona de obras próxima á A-6

Un camión que manobraba cara atrás este mércores na localidade coruñesa de Betanzos atropelou a un operario ao que causou diversas feridas, informa Urxencias 112. O accidente ocorreu ás 10.30 horas deste mércores nunha zona de obras próxima á A-6, en sentido Coruña.

O 112 avisou aos bombeiros de Betanzos, que confirmaron que o traballador recibiu un golpe na cabeza e caeu ao chan empuxado polo camión. Pese ao impacto, o ferido estaba liberado e accesible e foi trasladado por unha ambulancia de Urxencias Médicas.

Ademais, en Culleredo (A Coruña) rexistrouse outro accidente laboral ao redor das once da mañá nun centro situado na rúa Rafael Dieste, onde unha traballadora sufriu diversas lesións despois de que caesen encima uns taboleiros de madeira.

Comentarios