Un condutor resulta ferido ao precipitarse por un terraplén en Bande

O home foi socorrido por outro coche que circulaba pola mesma estrada

Un condutor resultou ferido ao precipitarse o vehículo que conducía por un terraplén en Bande (Ourense), informou a central de coordinación de Urxencias en Galicia.

Este sinistro rexistrouse preto das dez da noite na OU-540 no Alto do Veiro e o lesionado foi socorrido por outro condutor que se puxo en contacto co 112 para pedir axuda.

O particular indicou que o ferido estaba liberado e accesible, polo que se descartou a mobilización dun equipo de excarceración e, unha vez recibida a chamada, o persoal pediu a colaboración de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e o Grupo de Urxencia Supramunicipal de Muíños.

Comentarios