Un detido na Coruña por un roubo con violencia

O ladrón tamén ameazou e intentou agredir aos axentes que o arrestaron

A Policía Local da Coruña detivo na madrugada deste mércores a un home de 39 anos na Avenida Finisterre por un suposto delito de roubo con violencia tras recibir varias chamadas alertando dos feitos no 092 e acudir ao lugar ás 00.20 horas.

Ao chegar e entrevistarse co agredido, que foi golpeado polo denunciado coa intención de roubarlle, e ofrecer este unha descrición pormenorizada do atacante, outra patrulla dirixiuse na súa procura na dirección na que escapara correndo e foi localizado entrando nunha cafetería na que se meteu ao decatarse da presenza dos policías.

A continuación, trasladaron ao sospeitoso ao lugar onde agredira á súa vítima para que esta puidese identificalo, como tamén fixo unha testemuña dos feitos que pasaba en coche pola zona no momento do roubo e que se detivo para socorrer á agredida.

Finalmente, e logo de ameazar e intentado agredir aos axentes que o informaron de que estaba detido, foi trasladado a dependencias policiais quedando a disposición xudicial e sendo denunciado ante o xulgado de garda por tres delitos: roubo con violencia, resistencia a axentes da autoridade e danos intencionados a un medio afecto a corpos e forzas de seguridade.

Comentarios