Unha persoa ferida nun accidente de tractor en Xunqueira de Ambía

O suceso produciuse nunha leira de Outorelo. A vítima foi trasladada en helicóptero medicalizado

Unha persoa resultou ferida este luns en Xunqueira de Ambía ao sufrir un accidente co seu tractor. O sinistro tivo lugar nunha leira de Outorelo, na parroquia de Armariz.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 15.30 horas, a través dos efectivos de Urxencias Médicas. Os sanitarios mobilizaron ata o lugar dos feitos ao helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Pola súa banda, os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron aos efectivos de Protección Civil e á Garda Civil.

Comentarios