Atrapado no turismo que conducía tras chocar cun camión en Culleredo

O ferido, consciente en todo momento, foi trasladado ao hospital máis próximo

Os bombeiros de Arteixo liberaron a un home atrapado no interior do turismo que conducía logo de chocar cun camión na AC-523, en Culleredo, A Coruña.

Unha vez liberado, foi trasladado por unha ambulancia a un hospital e, segundo explicaron efectivos do parque comarcal, ía consciente en todo momento.

O outro afectado, que no seu vehículo transportaba cereais, resultou ileso.

O suceso rexistrouse na tarde deste martes e foron varios os particulares que chamaron para pedir axuda, tras o cal, á parte da os bombeiros, avisouse a Urxencias Médicas, Garda Civil, a Protección Civil e ao equipo de limpeza e mantemento da vía.

Comentarios