Un incendio calcina a cociña dunha vivenda en Ferrol

Non hai que lamentar danos persoais

Un incendio calcinou este martes a cociña dunha vivenda de Ferrol, cuxo corredor tamén se viu afectado as chamas.

Segundo informou o 112, o suceso aconteceu na glorieta Poeta Uxío Novoneyra, que une a avenida de Esteiro co acceso ao barrio de Caranza. Un particular alertou dos feitos pouco logo das 08:30 horas.

O servizo público de urxencias comunicou a incidencia a bombeiros de Ferrol, Policía Local e Protección Civil. Tamén avisou ao 061. Non foi necesaria a intervención do persoal sanitario.

Comentarios