Un incendio nunha vivenda de Boiro obriga a desaloxar un edificio

O incendio foi causado por unha tixola deixada ao lume sen control

Un edificio da Rúa Principal de Boiro foi desaloxado tras producirse un incendio nunha das vivendas, segundo informaron os efectivos do parque comarcal.

O lume orixinouse na cociña da primeira planta.  Unha tixola foi deixada ao lume sen coidado, o que provocou que ardese a campá extractora e que o fume terminase afectando o inmoble por completo.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Varios particulares alertaron ao CAE 112 Galicia minutos antes das 15:00 horas deste venres. Tambien se tivo que requirir a presenza dos Bombeiros de Boiro, Protección Civil e Policía Local. Ademais, informouse a Urxencias Médicas de que, por precaución, semobilizaría unha ambulancia ao lugar dos feitos.

Comentarios