Un operario resulta ferido en Outes mentres construía unha piscina

O traballador foi evacuado con carácter de urxencia ao hospital de Santiago

Un operario resultou ferido este luns pola tarde despois de sufrir unha caída dunha altura en Outes. Os feitos producíronse cando a vítima estaba a construír unha piscina en Insua, na parroquia de Cando do municipio coruñés.

O traballador foi evacuado de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Unha persoa particular alertou do ocorrido ao 112 ás 14.40 horas. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos sanitarios, de Protección Civil e da Garda Civil.

CARBALLEDA. Ademais, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras outro operario resultaba ferido ao sufrir unha caída desde unha escaleira. O operario precipitouse ao chan desde un metro de altura.

O accidente laboral rexistrouse nunha propiedade de Domiz. O 112 tivo constancia dos feitos ás 16.40 horas, a través da alerta de Urxencias Médicas. Desde o 112 alertouse a Protección Civil e á Garda Civil.




Comentarios