Un operario córtase cunha radial no Pino

O home estaba traballando nun taller de tractores situado na N-547, no lugar de Salceda

Un operario cortouse nun brazo cunha serra radial cando estaba a traballar nun taller de tractores situado na N-547, no lugar de Salceda, O Pino.

O accidente produciuse cando faltaban uns minutos para as seis da tarde deste venres. 

O persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil. Un equipo de Urxencias Médicas estaba xa de camiño.



Comentarios