Un operario sufriu unha caída mentres traballaba no monte en Boborás

Foi atendido por un helicóptero medicalizado

Un equipo médico a bordo do helicóptero medicalizado en Ourense atendeu este venres pola mañá a un operario ferido por mor dunha caída. 

Sucedeu ás 10.30 horas nun monte do lugar de Cardelle, en Boborás. Segundo indicouse ao 112, o home caeu sobre unhas pedras e sufriu lesións de diversa consideración. 

O persoal do Centro de Atención ás Urxencias pediu a colaboración de Urxencias Médicas e os axentes da Garda Civil. Tamén acudiron os membros do GES de Avión.

Comentarios