Un traballador, ferido de gravidade nun accidente mentres montaba un palco

O suceso produciuse na mañá deste luns

Un operario resultou ferido de gravidade ao caerlle encima un ferro de montaxe. Trátase dun montador de orquestra que estaba a traballar no campo da festa de Berdeogás, en Dumbría.

O accidente produciuse ao redor das 11:30 horas deste luns e ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

O persoal do CAE 112 Galicia tamén informou os voluntarios de Protección Civil da vila e aos axentes da Garda Civil. Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma.

Comentarios