Unha persoa ferida nunha colisión múltiple en Carballo

No sinistro víronse implicados tres vehículos

Un sinistro no que se viron implicados tres vehículos deixou a unha persoa ferida en Carballo (A Coruña), informou o 112.

A vítima foi evacuada por un equipo sanitario a un centro hospitalario.

O accidente rexistrouse na estrada da praia de Baldaio, á altura de Casadelas, na parroquia de Noicela.

O 112 Galicia recibiu varios avisos dos feitos cara ás 17.00 horas.

O primeiro deles foi unha alerta de Urxencias Médicas. O persoal do Centro de Atención ás Urxencias, pola súa banda, alertou aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios