Unha persoa resulta ferida tras saírse da vía en Ferrol

O vehículo quedou ao bordo do río e a vítima foi trasladada ao hospital

Unha saída de vía sáldase cunha persoa ferida en Ferrol. Aínda que nun primeiro momento indicouse que a vítima estaba atrapada no interior do seu vehículo, finalmente puido abandonar o coche polos seus propios medios. 

O accidente tivo lugar na estrada da Malata. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 7.45 horas deste venres para alertar dos feitos. Segundo indicou, tras o sinistro o vehículo quedou ao bordo dun río, con risco de caer. 

Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Ferrol, que se desprazaron ao momento cun equipo de excarceración. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local. A vítima acabou sendo trasladada polos efectivos sanitarios ao Hospital Arquitecto Marcide da cidade.

Comentarios