Unha menor da Coruña finxe o seu secuestro para ocultar que pasara unha mañá co seu noivo

Asegurara que un home a obrigou a subirse á súa furgoneta cando ía ao colexio

Unha adolescente da Coruña denunciou ante a Policía Nacional o seu secuestro para ocultar aos seus pais que estivera co seu noivo no canto de ir ao colexio. Segundo a denuncia, os feitos ocorreron sobre as oito e cuarto da mañá deste martes, cando a menor se dirixía ao colexio pola Ronda de Outeiro e un home que circulaba nunha furgoneta obrigouna a que se fora con el, informan a Efe fontes da Policía Nacional.

Desde alí, continúa o relato da moza, fóronse a unha casa situada en San Pedro de Visma pero, como era unha planta baixa, logrou escapar por unha fiestra.

Os axentes iniciaron unha investigación tras ter coñecemento da denuncia, interposta pola familia da adolescente a última hora da mañá, aínda que a última hora da tarde a moza confesou o ocorrido. A menor finxiu o seu secuestro por medo a que os seus pais soubesen que estivera co seu noivo, detallan a Efe fontes próximas ao caso.

Comentarios