Unha muller cae co seu coche por un barranco tras desvanecerse en Barbadás

Resultou ferida e tivo que ser trasladada ao hospital

Unha muller resultou ferida tras perder o control do seu coche e precipitarse por un desnivel de difícil acceso na localidade ourensá de Barbadás a causa posiblemente dun desmaio, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu na tarde deste venres, cando efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás tiveron que rescatar á muller na estrada que une Piñor con Barxa e seguidamente Urxencias Médicas trasladouna nunha ambulancia ao hospital.

O 112 solicitou ademais a colaboración da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios