Unha muller, rescatada baixo un coche en Rianxo

A vítima foi atropelada e non saíu de debaixo do vehículo ata que chegaron os bombeiros

Unha muller tivo que ser rescatada de debaixo do turismo que a atropelou en Rianxo polos servizos de urxencia. O suceso ocorreu no lugar de Pazo, no concello coruñés.

Os bombeiros que acudiron ao lugar non empregaron o equipo de excarceración, xa que bastou con mover un pouco o vehículo para poder sacar á ferida. A vítima foi trasladada a un centro sanitario.

Ademais dos bombeiros, tamén participaron no operativo a Policía Local e a Garda Civil.

Comentarios