Unha muller resulta ferida tras caer co seu vehículo por un terraplén en Cualedro, Ourense

O accidente ocorreu na N-525 á altura do alto do Cabreiro

Unha moza resultou ferida ao sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba e ao caer por un terraplén duns cinco metros de altitude, segundo informa o CAE 112 Galicia. No vehículo, que quedou envorcado tras o accidente, viaxaba outra persoa, que resultou ilesa. O accidente ocorreu na N-525, no concello ourensán de Cualedro. Unha das implicada alertou ao 112 Galicia indicando que a outra persoa podería esta atrapada no interior do coche. Seguidamente avisouse aos Bombeiros de Xinxo, que non chegaron a intervir porque as ocupantes puideron saír sen axuda. Non se necesitou o emprego de medios de rescate porque o acceso ao terraplén púidose realizar a pé, segundo informou unha testemuña alí presente. Protección Civil de Xinzo, Garda Civil de tráfico e Urxencias Médicas tamén se desprazaron polo aviso do servizo de urxencias.

Comentarios