Unha persoa afectada por un incendio dentro dun garaxe na Coruña

O lume comezou nunha papeleira situada nos soportais do lugar

Unha persoa viuse afectada por un incendio orixinado nun garaxe da Coruña, no cal o lume comezou nunha papeleira situada nos soportais dun garaxe do número tres da Avenida da Habana, na Coruña, informou o 112.

O dono do inmoble inhalou fume cando trataba de sufocar as chamas cun extintor e tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ocorreu pouco despois da media noite.

Os profesionais do 112 Galicia informaron o persoal de Urxencias Médicas, aos bombeiros da cidade e aos axentes da Policía Local.

Comentarios