Unha persoa resulta ferida de gravidade en Teo tras unha colisión na AP-9

Os bombeiros empregaron o equipo de excarceración para liberar ao condutor

Unha persoa resultou ferida grave por mor dun accidente de tráfico na AP-9, ao paso polo concello coruñés de Teo, informou o 112. Ás 12:30 horas deste venres, unha furgoneta e un camión que transportaba chatarra chocaron cando circulaban pola autoestrada en dirección á Coruña.

Un dos condutores implicados sufriu lesións de diversa consideración e enseguida foi evacuado ao Hospital Clínico no helicóptero medicalizado. Ademais, os bombeiros tiveron que empregar o equipo de excarceración para liberar ao ferido, que, a consecuencia do golpe, quedou atrapado no interior do vehículo. Pola contra, o outro condutor apenas sufriu danos.

Tras recibir a alerta, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES da Estrada e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios